Todogrove A Fuxe gaña a III Regata de Dornas a Vela Camping Miami Playa

18
xarandeirasantiepimon11

 

Dezasete foron as embarcacións participantes nesta proba que o sábado partiron ás 17.00 horas da praia do Espiño para navegar polo mar da Lanzada. Nunha regata rápida e con algún que outro percance pola rotura dun pau nunha das dornas, pouco despois dunha hora xa estaban de regreso a praia. Antes da saída os dorneiros gardaron un minuto de silencio en memoria dun compañeiro de afección falecido hai días, o ribeirense Alberto Romero Bermo. A regata foi organizada polo Camping Miami Playa de San Vicente e contou coa colaboración da Asociación Amigos da Dorna Meca.

A entrega de premios realizouse no propio cámping ao remate da regata e as dez da noite serviuse unha cea para os participantes, amenizada coa música en directo de Óscar Lorrey.

A clasificación xeral foi a seguinte:

1. Fuxe 2. A Rona 3. Lara Doce 4. Mimela 5. Moura 6. Nova Froina 7. Cormorán de Ons 8. Rosalia 9. Rosiña 10. Maristela 11. Funqueira 12. Lourdes 13. Fungona 14. Joveleteira 15. Enayr 16. Javiota