Todogrove A praza de abastos abrirá as súas portas estes festivos

19
img_7247-1000x666-2298383

img_7247-1000x666-2298383

Tamén este Venres Santo, 13 de abril, terá lugar co horario e no lugar habitual o mercado semanal do Grove. Mañá xoves e venres, días 13 e 14 abril respectivamente, a praza de abastos do Grove manterase aberta tal e como se tiña acordado na reunión mantida entre o Concello e os concesionarios desta praza.

Todo os clientes poden solicitar o calendario anual de aperturas e peches durante o 2017 na propia praza, os días festivos acordados con vendedores nos que estará aberta ao público son o 13 e 14 de abril, o 15 de agosto e o 8 de decembro. “Deste xeito os visitantes e a veciñanza poderán gozar duns produtos frescos e de calidade nestas datas tan sinaladas no noso calendario”, indica Emma Torres, concelleira de Turismo, Cultura e Comercio.