Todogrove Ábrese o prazo de presentación das candidaturas para a Gala do Deporte

8
premios_deporte_galego1

 

De cara a celebración da Gala do Deporte do ano 2016 o Concello quere recoller as propostas para nomear aos galardoados nesta edición. Para ese fin, dende onte martes e ata o vindeiro xoves, 31 de marzo poderán presentarse as candidaturas mediante escrito dirixido ao rexistro do Concello do Grove.

Lembramos que os premios da Gala do Deporte recoñecen a actividade de deportistas individuais e equipos do Grove que, durante o ano 2015 tiveran acadado logros de importancia no seu eido deportivo. As propostas, polo tanto, deberán relatar o referidos méritos para que o Consello Local de Deporte poda determinar aos distintos galardoados.

As categorías son:

– Mellor deportista masculino promesa. – Mellor deportista femenina promesa. – Mellor equipo femenino.

– Mellor equipo masculino.

– Mellor evento deportivo. – Mellor medio de comunicación. – Mellor patrocinador. – Vida dedicada o deporte. – Mellor labor de base. – Mellor adiestrador. – Mellor club. – Mellor deportista femenina.

– Mellor deportista masculino.

etiquetas :Gala do Deporte