Todogrove Carmen Torrico presenta a súa última novela no Grove

21
51d78pz4gfl1

 

A escritora coa colaboración do Concello do Grove presenta a súa nova novela, Sinfonía en París I, será este xoves 24 de marzo, ás 20.00 horas. A autora, con formación en música e concertista de profesión, comparte veciñanza ocasional co Grove dende hai moitos anos. Dende un tempo a esta parte decidiu adentrarse no mundo literario sendo colaboradora habitual en blogs e publicacións especializadas en literatura. Tamén ten participado en distintos concursos literarios e incluso abordou o mundo da poesía sendo finalista co seu poema De nuevo el otoño y en el que acaba de publicar su poemario Parte de mí.

No campo da novela a súa ópera prima El visitante nocturno foi publicada hai dous anos e no ano 2015 editouse a súa obra 8 días en Roma, enmarcada na ficción romance. No mes de novembro reeditou o seu primeiro relato en versión bilingüe (inglés – español) The night visitor. Con esta son xa cinco obras que teñen sido moi ben acollidas polos lectores.

A novela Sinfonía en París I chega ao Grove logo de ter sido presentada en Madrid e en Pontevedra. Trátase dunha novela romántica que narra a historia dun famoso director de orquestra nunha situación complexa de amor, odio, vinganza e paixón no contexto da cidade París e entrando nunha situación de risco e odio.