Todogrove Compañeiros e familia lembrarán a José Prieto Muñiz na primeira regata-memorial co seu nome

15
img_3932-1000x666-9443398

img_3932-1000x666-9443398

O peirao de Porto Meloxo acollerá este sábado, 27 de febreiro, o “I Memorial José Prieto Muñiz, Josiño“. Trátase dunha regata coa que os membros co club de remo Amegrove lembrarán a figura dun deportista, finado hai aproximadamente dous anos, e cunha traxectoria vital intimamente ligada a ese equipo.
Ás catro da tarde arrincará no peirao de Meloxo unha competición na que está prevista a participación de arredor de 60 embarcacións, pertencentes ás sete categorías dun total de oito clubs galegos. Podería ser unha proba máis da pretempada coa que as formacións quentan motores para as próximas competicións de liga; de non ser porque o protagonista, máis aló do deporte, está chamado a ser Josiño. No club do Porto non hai quen non lembre a un remeiro que comezou a deixase ver polo local de Amegrove cando era un neno, e que competiu como cadete, xuvenil e sénior. Disputou diversos campionatos de España de batel, así como importantes regatas de traiñeiras. E que o vindeiro sábado volverá a estar moi presente, grazas a unha homenaxe na que tamén participarán varios membros da familia Prieto Muñiz.

Nun principio, a idea do club era organizar o memorial para o ano que ven, dende o cal recoñecen que terían gustado de contar con algo máis de tempo para pensar e organizar o evento con maior detalle e darlle unha difusión meirande. Porén, tras falalo cos achegados de Josiño, club e familiares teñen decidido non agardar máis e darlle dende xa o destacado lugar que merece. A nai e a irmá do homenaxeado serán as encargadas de realizar unha ofrenda floral e pronunciar unhas palabras, antes de que os que foran os seus compañeiros lle amosen os seus respectos do mellor dos xeitos: suando a camisola para seguir mantendo o nome de Amegrove no máis alto das competicións oficiais.

Artigos relacionados

regata-traineras-virxe-do-carme-16-350x186-5972106 remo-7-350x186-5187150 amegrove-8-350x186-9999413