Todogrove Emgrobes convoca aos seus asociados para este luns 1 de abril

7
img_9307-1000x666-5199306

img_9307-1000x666-5199306

A patronal grovense celebra dúas asembleas xerais de socios, unha en sesión ordinaria e outra en extraordinaria, para facer balance do 2018 e de seguido elixir xunta directiva. A cita, este luns 1 de abril ás 20.30 horas en primeira convocatoria, e ás 21.00 horas en segunda. Celebrarase na Sala das Cunchas da Casa do Concello.

Asemblea Xeral ordinaria. Orde do día:

1. Información sobre o proxecto do CCA para o que se solicita a subvención da Xunta para a dinamización dos centros comerciais abertos para o ano 2019.

2. Liquidación balance económico 2018 e orzamento 2019, e aprobación, se procede.

3. Informe da xunta directiva, memoria de actividades 2018.

4. Outros asuntos de interese da asociación.

5. Rogos e preguntas.

6. Dimisión da xunta directiva.

Asemblea Xeral Extraordinaria. Orde do día:

1. Presentación de candidaturas.

2. Lectura dos programas.

3. Elección da nova xunta directiva.

4. Rogos e preguntas, “De non presentarse ningunha candidatura a directiva actual prorrogará o seu mandato segundo establecen os seus estatutos”, sinalan dende a asociación presidida por Jose Besada.