Todogrove Jalerna, Fuxe e A Rona fanse co podio na regata de dornas de Meloxo

16
regata de dornas de Meloxo
regata de dornas de Meloxo

 

A oitava edición da Regata de Dornas a Vela de Porto Meloxo que se celebrou na tarde do sábado, contou con 15 embarcacións inscritas. A Jalerna da Illa de Arousa foi a que conseguiu entrar en primeira posición, seguida da Fuxe en segunda, e de A Rona en terceira, ambas da Asociación Amigos da Dorna Meca, organizadora da proba, coa colaboración de Bar O Porto e Taberna Meloxeira. Ao remate da regata realizouse a entrega de premios e serviuse un aperitivo para os participantes.

  1. Jalerna
  2. Fuxe
  3. Rona
  4. Nova Froiña
  5. Roxiña
  6. Rosalía
  7. Maristela
  8. Joveleteira
  9. Lara Doce
  10. Moura
  11. Javiota
  12. Funqueira
  13. Cormorán de Ons
  14. Enayr
  15. Lourdes