1 de maio celebrarase a xa tradicional Festa dos Maios

21
Festa dos Maios
MARTINA MISER

 

O Concello do Grove vai celebrar o concurso da Festa dos Maios 2019. O concurso terá lugar o mércores 1 de maio na Praza do Corgo e nel poderán participar todas as asociacións culturais, colexios, grupos, colectivos veciñais, entidades e persoas que así o desexen.

Todos os que queiran participar, poden realizar a súa inscrición o mesmo día 1 na Praza do Corgo, entre as 10.30 e as 11.30 h, podendo concursar en tres modalidades distintas: Maios Tradicionais, Maios Artísticos ou Coplas e Interpretación.

Cada participante recibirá 30 euros por participar e, así mesmo, estableceranse tres premios en cada una das categorías: un primeiro premio de 150 euros, un segundo de 100 e un terceiro de 50 euros nas categorías de Maios tradicionais e Maios Artísticos. Na categoría de Coplas e interpretacións os premios serán 80, 50, e 30 euros.

Así mesmo, o Concello instalará xogos populares e a velada estará a amenizada polos “Sons da Rúa” da Asociación Paradanda-Mecos.