Todogrove O CB O Meco presentou os seus equipos ante un gran número de seareiros

6
cb-o-meco-110-1000x666-6645861

cb-o-meco-110-1000x666-6645861

O novo pavillón Monte da Vila acolleu o pasado sábado a presentación de todos os equipos do Club Baloncesto O Meco que mobilizou a un gran número de seareiros. Os preto de 160 deportistas cos que conta o club foron ovacionados nada mais pisar a pista do municipal. A xornada completouse co encontro de Primeira Autonómica ante o Sigaltec, con vitoria incluída, e un amigable entre o equipo de nais local e o de Porto do Son.

Pódese dicir sen temor a equivocarse, que o Club Baloncesto O Meco, con preto de 18 anos de historia está pasando pola súa mellor época. Con un equipo sénior xogando na máxima categoría galega e outro disputando a terceira autonómica, un júnior masculino, dous cadetes femininos e un masculino, outros dous infantís femininos e un masculino, dous alevíns e tres benxamíns, o club suma un total de 14 equipos en competición. Preto de cento sesenta xogadores e, sobre todo xogadoras, pois son elas as que superan con creces o número de licencias dos homes. De feito, o club conta con formar un equipo xuvenil feminino na vindeira tempada, e non descartan poder contar cun equipo sénior en un prazo de 3 anos, segundo indica o seu presidente, Anselmo Noya.

Por si foran poucos, a estes 14 equipos hai que sumarlles un máis, o formado polas 20 nais dos cativos. As basket Nais do CB O Meco non compiten en ningunha liga, pero iso non impide que en pouco máis dun ano de vida non tiveran tempo de coñecer a pista dos pavillóns de diferentes cidades da provincia, e máis aló, pois xa teñen pisado terras coruñesas logo de disputar un triangular en Porto do Son.

Do gran número de xogadores é ben consciente a directiva, pero sobre todo os adestradores que semana tras semana lidan con rapaces e se encargan de mostrarlles unha ensinanzas que deben poñer en práctica cada fin de semana. Pero este sábado pasado, a directiva quixo mostrar ese potencial ao resto dos seareiros e veciños do Grove a través da presentación oficial realizada no novo pavillón Monte da Vila. E abofé que o fixeron.

Unha presentación ao máis puro estilo televisivo, onde todos os xogadores saltaron á pista tras ser nomeados por megafonía, recibindo o caluroso aplauso dun ateigado pavillón para logo inmortalizarse de forma individual e cos seus compañeiros e compañeiras de equipo. O acto finalizou coa foto conxunta na que posaron tanto xogadores como adestradores, directivos e patrocinadores.

A tarde non rematou coa presentación, pois pouco despois o equipo de Primeira Autonómica disputou o derbi comarcal ante o Sigaltec, no que acadaron unha importante vitoria. O colofón á xornada puxérono o equipo de nais do Meco co enfrontamento amigable coas súas homólogas de Porto do Son.

1febreiro17-noticia-presentacion-meco-871x1024-5487264