Todogrove O CEIP Rosalía de Castro xa conta con servizo de comedor

20
20190314_142828-1000x666-1935686

20190314_142828-1000x666-1935686

O CEIP Rosalía de Castro leva moitos anos pelexando a través da ANPA e os distintos equipos directivos do colexio para conseguir que o centro dispoña de servizo de comedor.

No ano 2015, o Goberno do Grove, e especialmente a Concellería de Educación, recolleu esta petición, e da man da propia ANPA e o equipo directivo iniciaron as negociacións coa Xunta de Galicia para acadar este demandado servizo.

Logo de varias reunións, peticións e negociacións, o Concello logrou asinar un convenio coa Xunta de Galicia para a colocación dun módulo prefabricado, que de xeito temporal, servirá como comedor de este centro educativo. Módulo financiado por ambas administracións, e que o Concello dotou ademais de todos os servizos precisos, tales como auga e electricidade, ademais da colocación de mesado, e electrodomésticos imprescindibles para a prestación dun axeitado servizo. Só se está á espera dos permisos de Sanidade pertinentes para que a ANPA poida por en marcha o servizo, segundo informa a concelleira responsable, Pilar Galiñanes.

  • 20190314_142828-1024x768-7848737
  • 20190314_142806-1024x768-2881976
  • 20190212_142040-1024x768-3598801
  • 20190212_142006-1024x768-2539033