Todogrove O Concello abre unha nova convocatoria de composteiros domésticos

7
1303992067dsc08972com1

 

A partires de hoxe ábrese un novo prazo para que todos os interesados poidan solicitar un composteiro doméstico destinado a que os interesados e interesadas poidan facer compostaxe doméstica. A solicitude farase no rexistro do concello (edificio administrativo) e priorizaranse aquelas demandas de novos veciños ou veciñas que nunca antes tiñan pedido un.

Trátase dunha nova aposta por unha iniciativa que fora iniciada en 2009 e que contaba coa colaboración da organización ambientalista Amigos da Terra. Dende aquela data cóntase coa participación de 425 familias. A estimación é que ao finais de ano sexan 100 máis as que poidan dispoñer dos composteiros a través das diferentes accións emprendidas polo Concello.

A experiencia posta en marcha ata o de agora amosa que os fogares onde se realiza a compostaxe a cantidade dos residuos destinada ao colector xenérico reduciuse un 50% e que a separación selectiva do resto de residuos mellorou notablemente. Ademais, este veciños e veciñas participantes están empregando xa o compós obtido dos seus residuos orgánico para aboar os terreos de cultivo e xardíns.