Todogrove O Grove despide o seu Entroido cun pé na festa e outro no velorio

17
enterro-1-150x150-3323480

A fin de semana que ven de rematar deixa no Grove un sabor agridoce. E é que, debido ás previsións de choiva que obrigaron a aprazar o desfile A Gran Marcha do Entroido Meco o martes pasado, a vila celebrou o día grande destas festas na mesma xornada na que tamén choraba a despedida da finada sardiña Dona Barbarina. Durante toda a tarde, e tamén pola noite, o centro do municipio viuse invadido por dinosauros e medusas; bonecos, boxeadores, arlequíns e piratas; bruxas, personaxes de conto e mesmo espíritos do bosque. Éstas e moitas outras figuras integraron a colorida e animada comitiva que percorreu as rúas do Sambódromo grovense para, unha vez chorada e queimada a sardiña, participar na festa na que se entregaron os premios aos mellores disfraces. Aínda que se fixo agardar, o desfile deste Entroido 2016 puido ser por fin festexado, gozado e bailado por todo o alto. A localidade volcouse cunha celebración que inundou as rúas do centro de cor e alegría, ben sazonadas coa música que saían dos altofalantes instalados para a ocasión na Catorse. E é que a coñecida e habitual paixón meca polo Carnaval obtivo un extra de ritmo este ano, grazas ao papel do animador, que tamén fixo as veces de pinchadiscos, e que se encargou de facer bailar a todos cantos por alí pasaron. Tamén o clima axudou, pois cando os primeiros participantes enfilaban o comezo do percorrido coa estatua á Familia Mariscadora como telón de fondo, o ceo brillaba azul e limpo de nubes. En solitario, por parellas ou en grupos, os concursantes luciron as súas galas ao sol e baixo a atenta mirada dos numerosos veciños que, entre as cinco e as oito da tarde, se congregaron ao longo do Sambódromo para ver pasar a comitiva. A participación tal vez non foi todo o alta que podería ter sido, debido a que outras localidades da contorna celebraban os seus desfiles o mesmo día. Pero tampouco defraudou, e deixou constancia das altas doses de imaxinación e maña empregadas para dar forma aos variados atavíos; que en moitos casos valéronse de elementos dispares, como cunchas de centola ou vieira, cachas de froitos secos, grans de café ou mesmo bolsas de plástico, para confeccionar fermosas e orixinais vestimentas. Non faltaron á cita ás comparsas, que durante toda a tarde circularon polo Sambódromo levando a sátira das súas historias de bar en bar, e dándolle ao público a derradeira ocasión de gozar das súas actuacións por este ano.

Ao remate do desfile a actividade centrouse no Corgo. Alí, unha nutrida comitiva congregouse para dar o último adeus a Dona Barbarina; precedida polas pequenas xoubiñas e seguida por todos os desolados mecos que non puideron senón chorar o sentido pasamento. Animadas polas pregarias do “párroco” encargado do oficio, as choradeiras e demáis integrantes do cortexo fúnebre acompañaron á sardiña, que tras percorrer a contorna foi finalmente incinerada.

E os gañadores son… Chegados a este punto cabería imaxinar o punto e final deste Entroido. Pero non foi así, pois tralo enterro arrincou na carpa instalada no Corgo a festa na que se deron a coñecer e se entregaron os premios aos mellores disfraces deste ano. O primeiro na categoría de grupos de adultos, dotado con 600 euros, foi para os grandes reptís de “Perdidas entre dinosauros”; que valéndose unicamente de papel reciclado conseguiron dar forma a unha numerosa e lograda manada. “Os do río” fixéronse cos 400 euros do segundo; e “A tómbola” levou o terceiro da mesma categoría e os 200 euros correspondentes. A parella dos “Mexadoiros Men” foi o mellor dúo adulto; categoría na que o segundo foi para “A vella e a besta comestibles”; e o terceiro entregouse a “A raíña e o rei das neves”. Neste caso as recompensas foron de 200, 150 e 100 euros, respectivamente. No que se refire a disfraces individuais, o xurado destacou o “Espírito do bosque”; “A Menina de porcelana”; e o “Roda Cabezas”, que levaron 150, 100 e 50 euros. Xa na categoría infantil, os mellores grupos foron os “Sombrereiros”, inspirados na figura do mesmo nome do conto Alicia no país das marabillas; “De oca a oca”; e a “Ludotómbola os parrulos”, premiados con 200, 100 e 50 euros.

A parella de artistas “Os alfareiros”, que percorreron o sambódromo sen deixar de xirar o torno para dar forma a pezas de barro, foron distinguidos como os mellores dunha categoría na que o xurado deixou en segundo lugar a “Don Quijote e Sancho Panza”; e en terceiro ao dúo de “Minions” (premios dotados con 100, 15 e 50 euros). A nivel individual destacaron “Guerreiro romano”, “Botella de champán” e “Saw”, cuxas indumentarias lles valeron cadansúa recompensa de 50, 40 e 30 euros. Por último, os grupos “Vellos”, “Esperando o aubotús” e “Pujol y señora” foron distinguidos na categoría de choqueiros, dotada coas mesmas contías que a anterior.

enterro-1-150x150-3323480 enterro-5-150x150-9011825 enterro-9-150x150-1697135
enterro-10-150x150-8791860 enterro-11-150x150-6122450 enterro-12-150x150-7293173
enterro-13-150x150-8632236 enterro-17-150x150-8865073 enterro-18-150x150-2257257
enterro-19-150x150-5659167 enterro-20-150x150-3606428 enterro-21-150x150-4005253
enterro-22-150x150-8335000 desfile-223-150x150-8135073 desfile-222-150x150-9726653
desfile-221-150x150-5357362 desfile-220-150x150-4704971 desfile-219-150x150-9609492
desfile-218-150x150-1822319 desfile-217-150x150-8477651 desfile-216-150x150-2004444
desfile-215-150x150-7329785 desfile-214-150x150-9819185 desfile-213-150x150-7078123
desfile-212-150x150-1782919 desfile-211-150x150-7797609 desfile-210-150x150-6090527
desfile-209-150x150-2115638 desfile-208-150x150-7654457 desfile-207-150x150-1701957
desfile-206-150x150-8306564 desfile-205-150x150-3898088 desfile-204-150x150-1108865
desfile-203-150x150-2875944 desfile-202-150x150-9926966 desfile-201-150x150-6642120
desfile-200-150x150-6865215 desfile-199-150x150-7049782 desfile-198-150x150-6890287
desfile-197-150x150-5008054 desfile-196-150x150-8280507 desfile-195-150x150-3872746
desfile-194-150x150-5480172 desfile-193-150x150-9743709 desfile-192-150x150-9534163
desfile-191-150x150-3582430 desfile-190-150x150-6494434 desfile-189-150x150-7124737
desfile-188-150x150-7404758 desfile-187-150x150-9466755 desfile-186-150x150-9612467
desfile-185-150x150-1257289 desfile-184-150x150-5697951 desfile-183-150x150-4972493
desfile-182-150x150-8163455 desfile-181-150x150-3860206 desfile-180-150x150-9657757
desfile-179-150x150-2892460 desfile-178-150x150-1603821 desfile-177-150x150-5526105
desfile-176-150x150-1130224 desfile-175-150x150-7955678 desfile-174-150x150-4032738
desfile-173-150x150-9227041 desfile-172-150x150-6006958 desfile-170-150x150-9114915
desfile-169-150x150-6860263 desfile-168-150x150-1218890 desfile-167-150x150-4860502
desfile-165-150x150-7252070 desfile-164-150x150-2366061 desfile-163-150x150-9020635
desfile-162-150x150-6755548 desfile-161-150x150-1035033 desfile-160-150x150-9170238
desfile-159-150x150-2416541 desfile-158-150x150-4857086 desfile-157-150x150-6304214
desfile-156-150x150-5456531 desfile-155-150x150-5942658 desfile-154-150x150-8865098
desfile-153-150x150-2426166 desfile-152-150x150-5300775 desfile-151-150x150-8161056
desfile-150-150x150-8728723 desfile-149-150x150-8590696 desfile-148-150x150-8417632
desfile-147-150x150-3382585 desfile-146-150x150-6753458 desfile-145-150x150-6268794
desfile-144-150x150-2267865 desfile-143-150x150-4900788 desfile-142-150x150-9062414
desfile-141-150x150-8747376 desfile-140-150x150-3855888 desfile-139-150x150-8401285
desfile-138-150x150-5644018 desfile-137-150x150-1830299 desfile-136-150x150-6153430
desfile-135-150x150-9534901 desfile-134-150x150-7372202 desfile-133-150x150-6807931
desfile-132-150x150-3048251 desfile-131-150x150-4678725 desfile-130-150x150-3043551
desfile-129-150x150-7213799 desfile-128-150x150-5246715 desfile-127-150x150-9338676
desfile-126-150x150-5815421 desfile-125-150x150-2226762 desfile-124-150x150-7186432
desfile-123-150x150-2730150 desfile-122-150x150-8899787 desfile-121-150x150-8072259
desfile-120-150x150-1775860 desfile-119-150x150-8005874 desfile-118-150x150-1608414
desfile-117-150x150-5243279 desfile-116-150x150-2302448 desfile-115-150x150-3575474
desfile-114-150x150-1849618 desfile-113-150x150-5919657 desfile-112-150x150-4160334
desfile-111-150x150-6963450 desfile-110-150x150-4861887 desfile-109-150x150-8154765
desfile-108-150x150-9152034 desfile-107-150x150-2258619 desfile-106-150x150-7708760
desfile-105-150x150-1174376 desfile-104-150x150-2381769 desfile-103-150x150-9833047
desfile-102-150x150-2153226 desfile-101-150x150-3658235 desfile-100-150x150-5548136
desfile-99-150x150-7751543 desfile-98-150x150-7840623 desfile-97-150x150-4446659
desfile-96-150x150-2064483 desfile-95-150x150-5872314 desfile-94-150x150-4874436
desfile-93-150x150-7474519 desfile-92-150x150-3595427 desfile-91-150x150-1866135
desfile-90-150x150-2855369 desfile-89-150x150-2626208 desfile-88-150x150-5311673
desfile-87-150x150-6109184 desfile-86-150x150-3988559 desfile-85-150x150-1269327
desfile-84-150x150-8768339 desfile-83-150x150-7407066 desfile-82-150x150-2561412
desfile-81-150x150-7991963 desfile-80-150x150-9566779 desfile-79-150x150-8110876
desfile-78-150x150-5810748 desfile-77-150x150-1279703 desfile-76-150x150-4476141
desfile-75-150x150-3866044 desfile-74-150x150-6900921 desfile-73-150x150-5049825
desfile-72-150x150-2100430 desfile-71-150x150-8034839 desfile-70-150x150-5654354
desfile-69-150x150-8418265 desfile-68-150x150-9042968 desfile-67-150x150-9301910
desfile-66-150x150-4482577 desfile-65-150x150-3620478 desfile-64-150x150-8444072
desfile-63-150x150-5383867 desfile-62-150x150-6011264 desfile-61-150x150-1698581
desfile-60-150x150-9764355 desfile-59-150x150-3143451 desfile-58-150x150-2105061
desfile-57-150x150-4729015 desfile-56-150x150-9741372 desfile-55-150x150-4697624
desfile-54-150x150-5698245 desfile-53-150x150-4315820 desfile-52-150x150-1763969
desfile-51-150x150-1622425 desfile-50-150x150-6457053 desfile-49-150x150-1693349
desfile-48-150x150-9941963 desfile-47-150x150-5474107 desfile-46-150x150-2359263
desfile-45-150x150-9683028 desfile-44-150x150-2507040 desfile-43-150x150-5831116
desfile-42-150x150-7013442 desfile-41-150x150-1420417 desfile-40-150x150-6275033
desfile-39-150x150-6575641 desfile-38-150x150-1465358 desfile-37-150x150-5644036
desfile-36-150x150-1237344 desfile-34-150x150-4688854 desfile-33-150x150-9813791
desfile-32-150x150-3688457 desfile-31-150x150-2340396 desfile-30-150x150-7747579
desfile-29-150x150-7290851 desfile-28-150x150-2593049 desfile-27-150x150-1655486
desfile-26-150x150-6696994 desfile-25-150x150-8897221 desfile-24-150x150-5895300
desfile-23-150x150-3736489 desfile-22-150x150-3622622 desfile-21-150x150-3767555
desfile-20-150x150-5581769 desfile-19-150x150-1589134 desfile-18-150x150-6811784
desfile-17-150x150-3484782 desfile-16-150x150-1084660 desfile-15-150x150-4214020
desfile-14-150x150-5032207 desfile-13-150x150-4157135 desfile-12-150x150-3551650
desfile-11-150x150-6203889 desfile-10-150x150-9999565 desfile-9-150x150-9448029
desfile-8-150x150-5760318 desfile-7-150x150-3304132 desfile-6-150x150-1301098
desfile-5-150x150-6166556 desfile-4-150x150-9618003 desfile-3-150x150-8153865
desfile-2-150x150-9890902 desfile-1-150x150-5767308