Todogrove O Rasoeiro convida á rapazada a unha xornada de “Balonmán Street”

6
89863679-7753-4da1-aef1-c53f685a86c8_21-9-aspect-ratio_default_01

 

A área deportiva de Terra de Porto acollerá este sábado, 29 de outubro, a primeira xornada de Balonmán Street organizada polo club Rasoeiro. Trátase dunha actividade aberta e gratuíta, dirixida a todos os nacidos entre os anos 2003 e 2004 e pensada para fomentar a práctica do deporte e o ocio activo.

O “balonmán street” é unha variación do balonmán pensada para facer este deporte máis rápido, áxil e divertido. Con ese obxectivo ás regras habituais incorpóranse algunhas peculiaridades, como pode ser a ausencia de fóras. Explícao o coordinador deportivo do Rasoeiro, Pablo Filgueira, que convida a todos os rapaces da vila a participar nunha actividade que se desenvolverá entre as 11 e as 13 horas. A actividade “xurde co obxectivo de dar a coñecer e fomentar a práctica do balonmán entre os mozos da localidade”, polo que “calquera neno ou nena que queira pode pasar por alí e dirixirse a algún dos responsables para anotarse e xogar nun dos equipos”, indica Filgueira.

O único requisito para participar é o referido á idade, pois trátase dunha xornada dirixida a xogadores da categoría infantil. A organización pide, iso si, que os rapaces vaian vestidos con roupa deportiva e que leven cadansúa botella de auga para manterse cómodos e ben hidratados durante a competición.

Comentarios