Todogrove Veo-Veo continúa invito e lidera a clasificación da Liga de Fútbol Sala

17
12801644_970928289657911_7336943385083040159_n-350x186-6398245

 

Chegado o ecuador da Liga Municipal de Fútbol Sala, a competición xa conta con un líder en solitario. O Veo-Veo encabeza a clasificación tras superar ao Aldara, que se sitúa segundo, no encontro disputado o pasado mércores. O Atlético Anduriña goleou ao Triqui Traca e mantense na terceira praza. Gonzalo Campos segue no máis alto da táboa de goleadores e Klay Iglesias na de porteiros menos goleados. A vindeira semana disputarase a sexta xornada.

A quinta xornada da liga resolveu o empate existente entre Veo-Veo e Aldara no máis alto clasificación. O encontro resolveuse con un 3-1 favorable ao Veo-Veo, que agora manda na liga en solitario con tres puntos de vantaxe sobre o Aldara, segundo, e Atlético Anduriña, terceiro, que nesta xornada goleou por 7-0 ao Triqui-Traca. Xa con unha distancia de 6 puntos sobre o líder da liga atópase o Escali e Bar O Peirao. Os primeiros superaron por 7-4 a Os do Martes e os segundos fixeron o propio ante o Peralto, aos que venceron por un axustado 4-3. A maior goleada da xornada e de todo o que vai de campionato produciuse no encontro entre o Amalfi-Crisol e A D’Teo cun resultado de 12-0 para os primeiros.

Como ben dicíamos, a clasificación está liderada polo Veo-Veo con 15 puntos, seguido de Aldara e Atlético Anduriña con 12. Escali e Bar O Peirao ocupan a cuarta e quinta praza con 9 puntos, namentres Amalfi-Crisol e Peralto, con 6 puntos, igualan na sexta e sétima praza. Os do Martes son oitavos con 3 puntos, os mesmos que Triqui-Traca. Pecha a clasificación A D’Teo que continúa sen puntuar.

A táboa de goleadores non sufriu cambios e segue encabezada por Gonzalo Campos, do Veo-Veo, con 14 tantos, séguelle o seu compañeiro de equipo, Julio Lado, con 10. Gonzalo Vidal, do Atlético Anduriña, ocupa o terceiro chanzo con 9 goles, namentres Roberto Tilve (Peralto) sitúase cuarto con 8 dianas. Klay Iglesias segue liderando a táboa de porteiros menos goleados con 7 tantos encaixados, seguido de Miguel Díaz Novas (Atlético Anduriña) con 8.

A xornada sexta será o vindeiro 22 e 23 de marzo. O martes terá lugar o enfrontamento entre o Bar O Peirao e Escali, así como o Aldara – Triqui-Traca. Para o mércores agardan os encontros entre Atlético Anduriña – Os do Martes, Amalfi-Crisol – Peralto e A D’Teo – Veo-Veo.

12801644_970928289657911_7336943385083040159_n-350x186-6398245